Guía de busca de normas técnicas

Xa se pode consultar a versión actualizada a xullo de 2018 da Guía de busca de normas técnicas para as enxeñarías da EUP.

Explícavos como consultar normas UNE a texto completo, coñecer as equivalencias, acceso ás normas do IEEE...

 

Horario de verán

 

Dende o 15 de xuño e durante o mes de xullo a biblioteca abrirá de luns a venres de 9 a 20:30 h.

En agosto o horario será de 9 a 14:30 h. 

Semana Grande: do 27 ao 31 de agosto: de 9 a 13:45 h.

Guía temática de electrónica

Acabamos de actualizar a Guía temática de electrónica, dispoñible na web da biblioteca. Esta guía, orientada ao Grao de Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática, mostra unha selección de recursos electrónicos especializados como bases de datos, buscadores, e-revistas, patentes... Consulta a guía

guia-tematica-electronica

 

 

Cursos de verán na EUP

cursos-verano-2018

Aberto o prazo de matrícula para os cursos de verán que terán lugar na Escola Universitaria Politécnica en xuño e xullo:

         - Modelado 3D con Siemens NX 10 (niveis básico e avanzado) - mes de xuño

          - Modelado 3D de instalacións en edificiación (Tecnoloxía BIM: Revit Arquitectura e Revit MEP - mes de xullo.

+ info e inscricións

Día Internacional da Luz 2018

Para destacar o papel da luz nos diversos aspectos da vida humana a Unesco proclama o 16 de maio de 2018 como Día Internacional da Luz na Conferencia Xeral de agosto de 2017 (Resolución 39 C/40).

luz

A enxeñaría eléctrica é o campo da enxeñaría que se ocupa do estudo e a aplicación da electricidade, a electrónica e o electromagnetismo. Estas son as principais ramas do saber que se estudan nesta Escola. A bibliografía sobre la luz eléctrica está moi presente na nosa biblioteca.

 

Recomendamos, por recoller todos os aspectos da iluminación: El libro blanco de la iluminación. Madrid: Comité Español de Iluminación, 2011. Signatura: SL 393

Trátase dunha guía en 7 volúmenes de boas prácticas, recomendacións e normativa sobre todo o relativo á iluminación. Podedes consultala no mostrador da biblioteca.

libro-iluminacion