Conexión industriales

Conexión industriales


Nova revista na BEUP: Conexión industriales, editada polo Consejo General de Colegios Oficiales de Ingenieros Industriales, nace "cos obxectivos fundamentais de proporcionar a adecuada difusión da enxeñaría industrial, así como as actividades que realizan os profesionais que se dedican a esta".

Trátase dunha publicación concibida para dar a coñecer e expor aos propios exeñeiros industriais, así como ao conxunto da sociedade, a importante tarefa que realiza a profesión.

Xa podedes atopar os dous primeiros números na hemeroteca.

Cursos de verán na EUP

Estes son os cursos de verán da UDC que terán lugar na E. U. Politécnica de Serantes:

cursos-veran-2016

 

Campamentos tecnolóxicos de verán na EUP

No mes de xullo terán lugar na Escola Universitaria Politécnica de Serantes (Ferrol) os seguintes campamentos tecnolóxicos para nenos e nenas, para os que xa está aberto o prazo de preinscrición (ata o 10 de xuño):

Do 4 ao 15 de xullo:

Campamento tecnolóxico I (8 a 16 anos)campamento-tec

  • Programación de videoxogos
  • Makey Makey
  • Robótica educativa
  • Minecraft

Campamento Minecraft e impresión 3D (11 a 16 anos)

  • Minecraft
  • Modelado e impresión 3D

Do 18 ao 29 de xullo:

Campamento Tecnolóxico II (8 a 16 anos)

  • Programación de videoxogos
  • Makey makey
  • Robótica educativa
  • Minecraft

Campamento "Jovenes Ingenieros" (11 a 16 anos)

  • Programación con Python
  • Programas e aplicacións con Arduino

+ info e inscricións

 

 

 

Del molino al aerogenerador

cartel
Exposición bibliográfica "Del molino al aerogenerador", con motivo de la celebración, el sábado 23 de abril, del Día Internacional del Libro y del IV Centenario de la muerte de Cervantes, el gran divulgador del molino de viento. Puede visitarse en la sección de "Novedades Bibliográficas", al fondo de la biblioteca, y los libros expuestos pueden llevarse en préstamo.

Formación de Scopus

A FECYT organiza un curso de formación presencial sobre Scopus (nivel avanzado) no Campus de Ferrol. Será o vindeiro 12 de abril de 10 a 13 h. A asistencia é gratuíta previa inscrición.

Scopus (da empresa Elsevier) é unha base de datos de referencias bibliográficas e citas, de literatura peer review e contido web de calidade, con ferramentas para o segumento, análise e visualización da investigación.

+ información e inscricións