Normas e patentes

Lexislación

  • Westlaw - Aranzadi. Lexislación europea, estatal e autonómica [acceso restrinxido á comunidade universitaria].

Normas    

71 Guía de busca de normas técnicas

  • AENOR. A Asociación Española de Normalización e Certificación ofrécenos 2 recursos:

    AENORmás (antes Norweb). Acceso ao texto completo das normas UNE [acceso restrinxido á comunidade universitaria]. + INFO

    Catálogo de publicacións de AENOR. Ademais de acceder ás normas UNE vixentes a través de ANEORmás, podemos consultar o catálogo de AENOR, qué é de acceso aberto e onde aparecen as referencias de todas as normas UNE e tamén das normas EN que están ratificadas, pero non adoptadas. Tamén é útil para buscar equivalencias, por exemplo de normas UNE con normas CEI.

  • CEN. European Comitee for Standarization. No seu catálogo poden buscarse as referencias das normas europeas EN. O CEN é o responsable das normas europeas e doutras especificacións técnicas en todas as áreas da actividade económica, agás:

    Sector electrotécnico, do que se encarga o CENELEC (European Comitee for Electrotechnical Standarization).

    Sector das telecomunicacións, a cargo de ETSI (European Telecommunications Standards Insitute).

  • IEEE. Institute of Electrical and Electronnics Engineers. Na súa plataforma IEEEXplore pode accederse ao texto completo das normas técnicas publicadas por este instituto [acceso restrinxido á comunidade universitaria].


  • ISO. International Organization for Standarization. É a organización máis importante a nivel munidal no desenvolvemente e publicación de normas internacionais. Está formada por unha rede de 163 axencias de normalización nacionais (unha por país, en España é AENOR). cunha secretaría central en Suiza, que coordina o sistema. Defínese como unha organización non gubernamental, que forma unha ponte entre o sector público e o privado. Na súa web pode consultarse o catálogo das normas ISO (só permite ver as referencias). 

Patentes     

71 Que son e como buscalas (guía breve)

  • Principais bases de datos de patentes

    • Patentscope. Buscador de patentes da Organización Mundial de Propiedade Intelectual (OMPI). 

    • Espacenet. Buscador da Oficina Europea de Patentes (EPO) que dá acceso a patentes de todo o mundo. 

    • Latipat. Base de datos que recolle patentes de España e América Latina. 

    • Invenes. Buscador da Oficina Española de Patentes y Marcas. Inclúe as bases de datos Latipat e Interpat. Interpat, ademais das patentes españolas, inclúe modelos de utilidade.
  • Outros recursos de interese sobre patentes

    • FreePatentsOnline. Buscador de patentes principalmente americanas.

    • Global Patent Search Network. Servizo da United States Patent e da Trademark Office (USPTO) que ofrece a texto completo a tradución ao inglés das patentes de China de 1985-2012.

    • Google Patent Search. Acceso ás patentes da USPTO (Estados Unidos) dende 1970 e da Oficina Europea de Patentes (EPO) dende 1978. Conta cunha opción de busca avanzada para consultas máis precisas.

    • Scopus. Base de datos multidisciplinar subscrita pola UDC que, entre outros contidos, recupera patentes das seguintes oficinas: OMPI (Organización Mundial da Propiedade Intelectual), USPTO (Estados Unidos), EPO (Europa), IPO (Reino Unido) e JPO (Xapón).