Repositorios institucionais

Que son os repositorios institucionais?

Son sistemas de información utilizados para almacenar, conservar, organizar e difundir en modo de acceso aberto os documentos dixitais produto da actividade científica, docente e investigadora dunha institución.

Repositorios de interese


ArXiv

Repositorio máis importante a nivel mundial de física, matemáticas, informática, bioloxía... arXiv non é un repositorio institucional propiamente dito, xa que, aínda que é propiedade e está mantido pola Cornell University, contén e-prints asinados por autores de todo o mundo.


DIGITAL.CSIC:

Repositorio institucional do Consejo Superior de Investigaciones Científicas.

driver-repositorio


Driver (Digital Repository Infraestructure Vision for European Research):

Iniciativa europea en favor do acceso aberto que permite buscar documentos nunha numerosa colección formada por documentos de case 300 repositorios de 38 países.

recolecta


RECOLECTA: Recolector de Ciencia Aberta

Repositorio multidisciplinar en acceso aberto, iniciativa de REBIUN e FECYT, de traballos de investigación de diferentes institucións académicas españolas.


RUC : Repositorio Universidade da Coruña

Sistema que proporciona de forma segura e estable a preservación de documentos dixitais produto da actividade científica e institucional da UDC, e facilita a súa accesibilidade en Internet.