A colección

Monografías

A biblioteca conta con máis de 43.000 monografías (a meirande parte está en libre acceso).

Os libros de bibliografía recomendada (2.420 exemplares) están colocados nunha sección especial na biblioteca, onde se localizan os títulos recomendados polo profesorado das distintas materias. Un dos exemplares de cada obra é de préstamo en sala, co fin de ter sempre unha copia dispoñible para a súa consulta.

No expositor de novidades bibliográficas poden consultarse as adquisicións da biblioteca no último mes, que poden levarse en préstamo.

As monografías de menor uso ou as edicións anteriores de determinados títulos están localizadas en depósito, polo que deben solicitarse no mostrador (signatura DP).

Consultar a guía de signaturas.

 

Obras de referencia

Os documentos da sección de referencia son de consulta en sala. Atoparás:

      • Enciclopedias
      • Dicionarios
      • Otras obras de referencia: catálogos, guías, directorios...
      • Normas

Material audiovisual, folletos, planos...

Se necesitas consultar ou levar en préstamo un CD, DVD, folleto, plano... debes solicitalo no mostrador da biblioteca.

 

Traballos fin de carreira e fin de grao

A biblioteca encárgase de almacenar unha copia de cada proxecto fin de carreira presentado na EUP. Con data de 31 de decembro de 2015, o número de PFC na biblioteca é de 3.557 (1.595 en papel e 1.962 en CD). Aqueles que obtiveron unha puntuación igual ou superior a 7,5 poden consultarse en sala. + info

Os traballos fin de grao susceptibles de consulta serán aqueles con nota superior a 8. Poden consultarse en CD na actualidade 76 traballos. Ademais no RUC (Repositorio da UDC) hai a texto completo 37. + info

 

Biblioteca dixital

Bases de datos, revistas e libros electrónicos, repositorios... Ver a biblioteca dixital.

 

Publicacións periódicas

Revistas electrónicas

 

Revistas en papel: A hemeroteca dispón de 546 títulos de publicacións periódicas, das cales 67 teñen subscrición en curso. As revistas cerradas están en depósito, polo que deben solicitarse no mostrador. Ver as revistas de subscrición en curso