Exposición 25 anos da BEUP na UDC

25beup
Presentación

Este ano 2014 a UDC está de 25 aniversario, e esta conmemoración preséntase como unha boa ocasión para observar o desenvolvemento da biblioteca da Escola Universitaria Politécnica ao longo desta etapa, desde os primeiros pasos na nova Universidade en 1989  ata hoxe en día, integrada nunha universidade consolidada e que segue avanzando con ela cara ao futuro.

A través desta pequena exposición, que se pode visitar de forma presencial durante o mes de decembro na BEUP, vemos a evolución que supuxo o paso dunha biblioteca tradicional, onde o papel era o material básico, a unha biblioteca híbrida onde conviven fondos e servizos tradicionais con outros electrónicos e virtuais.

 

Exposición presencial

Pode visitarse do 1 ao 31 de decembro na biblioteca da E. U. Politécnica.

action add Galería de imaxes

A exposición trata de facer un breve percorrido polas fases que atravesou a biblioteca, mostrando as tarefas bibliotecarias tal e como se facían cando xurdiu a UDC, e presentando desde os materiais máis antigos (de finais do século XIX e principios do XX), pasando por soportes en desuso na actualidade, ata chegar ao documentos dixitais almacenados na nube. Tamén se pode ver unha reportaxe en video da EUP do ano 1993.

 

Texto da exposición virtual