Sesións de formación na biblioteca

 

Formación básica

Aprende a usar a biblioteca. Sesión introdutoria pensada especialmente para o alumnado de 1º curso. Nuns 20 minutos coñecerás que che ofrece a biblioteca, como encontrar un libro, como levalo en préstamo... e recibirás unha breve introdución aos recursos electrónicos. + info na biblioteca

Formación avanzada

Aprende a manexar os recursos electrónicos, o uso dunha base de datos concreta, xestionar referencias bibliográficas... Se necesitar aprender a utilizar unha determinada ferramenta podes solicitar unha sesión de formación personalizada. Se hai máis usuarios interesados, podemos organizar un grupo para realizar o curso. + info na biblioteca