Mary Walton

mary walton¿1827-1894?                                                                             

 

Poucos son os datos biográficos coñecidos desta inventora pioneira no eido da enxeñaría ambiental: que o seu nome completo era Mary Elizabeth Walton, tal e como consta nas súas patentes, e que viviu na cidade de Nova York na segunda metade do S. XIX.

 

Tampouco se sabe nada da formación que recibiu, aínda que dos resultados dos seus inventos pode deducirse a súa habilidade e o seu pragmatismo á hora de  buscar  solucións a  problemas propios do seu tempo. Así, Mary Walton patentou dous inventos concebidos para paliaren os novos problemas de hixiene ambiental xurdidos nas grandes cidades como consecuencia da revolución industrial. En concreto, tratou de minorar a contaminación do aire e a contaminación acústica producidas polos ferrocarrís.

 

A primeira das súas patentes, n.221,880, data de 1879 e titúlase Improvement in locomotive and other chimneys. A mellora consitía en conducir os gases procedenres das chemineas a un tanque de auga para eliminar así as impurezas que máis trade serían verquidas á rede de sumidoiros. Obxectivo era “deter ou previr o escape de chispas, cinsas e gases ou vapores impuros ou contamidados das chemineas das locomotoras e de outras chemineas á atmósfera”.

 

En 1881 obtivo a segunda patente, n.237,442, Elevated railwail. Neste caso Mary Walton perseguía amortiguar ou absorber as vibracións e os ruidos producidos polas rodas dos trens ao se desprazaren sobre as vías. A solución que ideou, a grandes trazos, non era outra que asentar os raís sobre area cuberta de asfalto. O éxito desta innovación foi evidente xa que o Metropolitan Railway of New York mercoulle a patente e aplicou este sistema.

 

book open Referencias bibliográficas                                                                                                       flechaizquierda Atrás