Inmaculada Paz Andrade

Paz Andrade

Pontevedra, 1928-

Profesora da Universidade de Santiago de Compostela e investigadora especialista no eido da termodinámica e, en particular na microcalorimetría, na que é referente mundial, na traxectoria profesional desta muller sobresae o seu carácter pioneiro tanto na faceta académica como na investigadora.

Licenciada na USC no ano 1956, doutorouse nesta mesma universidade co traballo Calores de mezcla a altas temperaturas, sistemas: benceno-ciclohexano y benceno-tetracloruro de carbono (1963). Foi ademais a primeira muller catedrática da Facultade de Física da USC e, desde 1999, é Profesora Emérita da dita institución.

Postos como a presidencia do Grupo Especializado de Termodinámica de as Reales Sociedades Españolas De Física y de Química (1190-2003) e do Condello Presidencial da EUROSTAR-SCIENCE (European Society for Applied Physical Chemistry) completan un amplo curriculu. É ademais Visiting Research Profesor da Universidade de Manchester.

No desenvolvemento da súa actividade científica teñen especial transcendecia as estancias no extranxeiro, nun primeiro momento no Institut de Microcalorimetrie et Thermogénèse do CNRS en Marsella e posteriormente no Reino Unido na Manchester University, onde foi catedrática antes que na USC.

A súa ampla tarefa investigadora centrouse principalmente en dous ámbitos, a termodinámica e os incendios. Liderou numerosos proxectos e creou importantes grupos de investigación como Grupo de Microcalorimetría da USC ou o Grupo de Prevención e Extinción de Incendios Forestais (Grupo THOR), no que participan investigadores das tres universidades galegas e do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia do CSIC. As investigacións que dirixiu tamén se orientaron cara a industria e as súas posibles aplicacións: combustibles alternativos para a combustión ou a influencia dos procesos térmicos para a conservación do pescado.

Unha das máis relevantes aportacións de Inmaculada Paz Andrade foi a introdución en España dos estudos de microcalorimetría, alén de crear escola investigadora neste campo. No eido da prevención de incendios forestais destaca o desenvolvemento dun Sistema Experto para predecir o perigo de incendios forestais en Galicia.

Participou activamante en numerosos congresos e encontros científicos como relatora, como membro dos respectivos comités, cinetíficos ou como presidenta. Fundadora e membro do comité permanente desde 1978 do International Conference on Thermodynamics of Solutions of Non-Electrolytes organizou as edicións de 1979 e 1989 celebradas en Santiago de Compostela. Nesta mesma cidade coordinou en 1995 a XXV Bienal da Real Sociedad Española de Física.

É autora de máis de 275 publicacións científicas (artigos, monografías e capítulos de libros) e o número de comunicacións que presentou en congresos nacionais e internacionais supera os 250.

A inxente e valiosa actividade investigadora que realizou recoñeceuse con numerosos premios e distincións. En 1994 a prestixiosa revista The Journal of chemical thermodynamics publicou un número especial (Vol. 26, n.8) adicado á súa figura.

 

Honores

Medalla Oro da Real Sociedad Española de Física (1992) (1ª muller en recibila)

Premio Antonio Casares y Rodrigo de Investigación Científico-Técnica da Xunta de Galicia (1999) (1ª muller en reibilo)

I Premio Maria Wonenburger da Xunta de Galicia (2007)

Medalla Castelao da Xunta de Galicia (2008)

 
 

  book open Referencias bibliográficas                                                                                                     flechaizquierda Atrás