A BEUP informa...

beupinforma
Dispoñible o nº 89 (setembro de 2019) do boletín A BEUP informa

Trátase dun boletín onde recompilamos todas as informacións de interese difundidas pola biblioteca. 

 

 

 

bullet blueVer o nº 89 de A BEUP informa

Exposición: Automática. Do inicio ás novas tendencias

expo

A exposición Automática. Do inicio ás novas tendencias: Industria 4.0 e Aprendizaxe automático xurde como iniciativa da biblioteca da Escola Universitaria Politécnica (BEUP) no seu desexo de apoiar as XL Jornadas de Automática que se celebran en Ferrol do 4 ao 6 de setembro de 2019.

Pode visitarse de forma presencial na biblioteca da EUP durante o mes de setembro ou na súa versión dixital:

Automática. Do inicio ás novas tendencias (documento en PDF)

Galería de imaxes da exposición presencial

Arduino Day 2019

arduinoday2019Arduino é unha plataforma de código aberto para a realización de prototipos electrónicos composta de hardware (placa Arduino) e de software (IDE, Integrated Development Environment).

Xurde en 2003 como un proxecto de investigación no Interaction Design Institute de Ivrea (Italia) que en poucos anos pasou a aplicarse no entorno educativo. En 2005 presentouse a primeira placa Arduino destinada a axudar a estudiantes de deseño que non tiñan experiencia en electrónica nin en programación de microcontroladores. Posteriormente desenvolveuse comercialmente.

Hai un lustro naceu o Arduino Day para conmemorar o décimo aniversario desta plataforma. O 16 de marzo foi a data escollida para celebrar en todo o mundo o Arduino Day 2019 co fin de compartir experiencias ente a comunidade Arduino.

Como en anos anteriores a biblioteca da EUP (BEUP) quere contribuir a darlle visibilidade a este acontecimento mostrando unha selección de recursos propios e doutros dispoñibles na rede relacionados con Arduino. Podedes consultalos nesta bibliografía

Novidades bibliográficas de xaneiro e febreiro

foto14Coñece os documentos incorporados á BEUP nos últimos dous meses. Podes atopalos no estante de novidades ao fondo da biblioteca. 

Ver as novidades de xaneiro e febreiro

Curso "Como buscar e usar a información para elaborar a tese de doutoramento"


PFBU002 TwitterXa está aberto, ata o 13 de xaneiro, o prazo de inscrición no curso semipresencial "Como buscar e usar a información para elaborar a tese de doutoramento".

Trátase dun curso semipresencial organizado polo Servizo de Biblioteca en colaboración co CUFIE e destinado a alumnado de doutoramento da Universidade da Coruña.

+ info e acceso á inscrición