1ª Semana da Ciencia na BEUP

A Semana da Ciencia e a Tecnoloxía é unha iniciativa de divulgación científica e técnica que se celebra no mes de novembro en España á que quere unirse a BEUP, posto que, ademais das principais funcións da biblioteca universitaria de axuda á ensinanza, docencia e á investigación, é importante tamén a función cultural que debe desenvolver na sociedade, atendendo á misión da propia Universidade. 

Os libros que conforman a mostra son obras de divulgación científico-técnica que tratan estas disciplinas de manera sinxela e animada. Os títulos aquí descritos poden consultarse na exposición presencial da biblioteca.

 

Exposición virtual