OBRADOIRO: Recursos da biblioteca para a realización do TFG

Nova convocatoria das sesións de formación práctica sobre os recursos da biblioteca de interese para o Traballo Fin de Grao.

Destinatarios/as:

  • Alumnado de 4º curso dos Graos en Enxeñaría Eléctrica e Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
  • Alumnado da EUP matriculado no Traballo Fin de Grao

Lugar e datas: 

  • Especialidade - Electricidade: luns 26 de novembro de 9:15 a 13:30 h na aula 11
  • Especialidade - Electrónica: venres 30 de novembro de 9:15 a 13:30 h na aula 11 

Inscricións:

Enviar un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.  (indicando especialidade) ata o 23 de novembro.

Contidos:

1. Normativa da UDC, EUP e a biblioteca sobre os Traballos Fin de Grao

2. Estratexias de busca e localización da información. Prácticas

  • Busca de bibliografía: libros, artigos, traballos fin de grao...
  • Busca de lexislación e normas técnicas
  • Mellora das buscas en Google e Google Académico
  • Outros recursos

3. Dereitos de autor e plaxio

4. Como citar e crear a bibliografía

Aviso: se hai algunha persoa interesada que no pode asistir na data establecida, que se poña en contacto coa biblioteca para concretar outra sesión.

+ info na biblioteca, por correo electrónico ( Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ) ou no teléfono 881 013 082