15 de outubro: Día das escritoras

cartel-escritoras-beup
O Día das Escritoras é unha celebración de carácter anual que se convoca o luns máis próximo á data do 15 de outubro, en conmemoración do día de falecemento de Santa Teresa de Xesús e para reivindicar o papel das mulleres na literatura.

Na Biblioteca da Escola Universitaria Politécnica queremos homenaxear a todas aquelas mulleres que, ademais de levar a cabo a súa labor profesional, contribúen ao desenvolvemento e á divulgación das ciencias e da enxeñaría a través dos libros. Esta homenaxe consiste nunha pequena exposición presencial, que podedes atopar na biblioteca durante toda esta semana. + info