Exposición bibliográfica 2ª Semana da Ciencia na BEUP

A Semana da Ciencia e a Tecnoloxía é unha iniciativa de divulgación científica e técnica que se celebra no mes de novembro en España á que quere unirse a BEUP por segundo ano consecutivo, posto que, ademais das principais funcións da biblioteca universitaria de axuda á ensinanza, docencia e á investigación, é importante tamén a función cultural que debe desenvolver na sociedade, atendendo á misión da propia Universidade. Ademais de visitar a exposición presencial da biblioteca, pode consultarse a versión virtual.