Cursos para alumnado de 1º

cartel

Aprende a usar a biblioteca e os seus recursos. Sesións de formación para alumnado de 1º. Consulta as datas e inscríbete no mostrador ou na web da biblioteca. Acceso ao formulario

A biblioteca retoma o seu horario habitual

A partir do venres, 1 de setembro, a biblioteca recupera o seu horario habitual, de luns a venres de 8:00 a 21:30 h. Esperámosvos!

Semana Europea da Enerxía Sustentable

Do 19 ao 25 de xuño celébrase a Semana Europea da Energía Sustentable (EUSEW17), iniciativa da Comisión Europea co fin de contribuír á la creación dun futuro enerxético seguro para Europa.

Desde a BEUP queremos apoiaar este evento divulgando unha selección bibliográfica dos nosos fondos sobre enerxías renovables. Os títulos aquí descritos poden consultarse na exposición presencial da biblioteca.

Exposición virtual:

 

Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo

dia-sstHoxe, 28 de abril, conmemórase o Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo (SST), baixo o lema, Optimizar a compilación e o uso dos datos sobre SST. Trátase ademais dunha contribución ao comprimento do Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 8 "Traballo decente e crecemento económico". Por isto, na BEUP recomendámosvos os seguintes recursos e documentos para saber máis sobre o tema:

Libros:

Sitios web:

OBRADOIRO: Recursos da biblioteca para a realización do TFG

Nova convocatoria das sesións de formación práctica sobre os recursos da biblioteca de interese para o TFG

Destinatarios/as:

  • Alumnado dos Graos en Enxeñaría Eléctrica e Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática matriculado en Traballo Fin de Grao

Lugar e datas 

  • Venres 12 de maio de 15:00 a 19:00 h.

    Aviso: se houber algún alumno/a que non puidese asistir nesta data, que se poña en contacto coa biblioteca.

Inscricións:

Enviar un correo a  Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.  , na biblioteca ou no tel. 881 013 082

cursotfg1

 

Obxectivos: Que o alumnado …

… coñeza os principais recursos de información que a biblioteca pon á súa disposición e que son de utilidade para a elaboración do TFG

… adquira as destrezas necesarias para buscar e seleccionar a información que necesita

… aprenda a organizar a información e crear bibliografías.

 

Contidos:

1. Normativa da UDC, EUP e biblioteca sobre os Traballos Fin de Grao

2. Busca e localización da información

  • Onde buscar a información: catálogos, bases de datos, web da biblioteca
  • Como buscar a información: estratexias de busca
  • Localizar e acceder á información. Prácticas:
    • Buscas no catálogo
    • Busca de proxectos fin de carreira e traballos fin de grao
    • Busca de normas técnicas en AENORmás
    • Busca de artigos e normas técnicas en IEEEXplore
    • Mellora das buscas en Google e Google Académico
    • Outros recursos: E-CIGRE, Westlaw...

3. Xestionar as referencias bibliográficas. Refworks

  • Crear novas referencias e importalas dende as bases de datos
  • Como citar e crear bibliografías

4. Dereitos de autor e plaxio

  • Uso ético da información
  • Usar imaxes con Licencias Creative Commons.

 

+ info na biblioteca, por correo electrónico (  Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ) ou por teléfono 881 013 082