24 de outubro: Día da biblioteca

Día da BibliotecaHoxe, 24 de outubro, celébrase o Día da Biblioteca para sinalar a importancia das bibliotecas na sociedade. Con motivo deste día terán lugar varios eventos en diferentes bibliotecas galegas.

 

 

 

 

 

 

 

 

Na BEUP aproveitamos a ocasión para anunciar que nos próximos días teredes á vosa disposición unha sala de traballos en grupo. Tan pronto como estea acondicionada publicaremos máis información. Estade atent@s! sala-polivalente

Dúas historias da ciencia moi singulares

Acaban de chegarnos á biblioteca dous títulos que tratan a historia da ciencia, pero de forma moi diferente:

c551O primeiro é Los pilares de la ciencia, escrito por dous dos máis prestixiosos historiadores do panorama actual, que se unen para ofrecernos unha nova visión do que é a ciencia e de mostrar cales foron os seus logros, dende a súa orixe ata a actualidade. c552

Los pilares de la ciencia. Signatura na BEUP: C 551

O outro título, moito máis breve e sinxelo é La magia de la realidad: pequeña historia de la ciencia. Consinste nun achegamento á ciencia para todas as idades, no que, partindo de preguntas simples e interesantes, o autor explica cuestións como que son os neutrones, o big bang, o efecto Doppler...

La magia de la realidad : pequeña historia de la ciencia. Signatura na BEUP: C 552

Uned abierta

A Universidade Nacional de Educación a Distancia lanza UNED Abierta, unha nova plataforma creada para facilitar a busca de contidos educativos abertos da UNED (cursos en liña, material multimedia, recursos electrónicos para a súa descarga...).

Ir a UNED Abierta.

 

uned

A revista Engineer, agora en liña

A revista Engineer, subscrita pola BEUP, deixa de publicarse en papel, pero continúa na súa versión en liña e gratuita.

Podedes consultala na seguinte ligazón: http://www.theengineer.co.uk/

eng

Historial de préstamos

 

O catálogo da biblioteca ofrece unha utilidade moi interesante coa que cada usuario pode recuperar a listaxe de documentos que levou en préstamo e que xa devolveu: o histórico de préstamos. A biblioteca da EUP ven de elaborar unha nova guía na que explica o seu uso.

Ler máis: Historial de préstamos