Cambios en AENORmás

Cambios no acceso á base de datos de normas UNE AENORmás. Dende 2017 só permite visualización, para descargas ou impresións cómpre enviar unha solicitude ao Servizo de Biblioteca. + info na ligazón ou na biblioteca: AENORmás

Día da muller e a nena na ciencia

i148Mañá, 11 de febreiro, celébrase o Día Internacional da Nena e a Muller na Ciencia, declarado pola ONU coa finalidade de acadar o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, así como lograr o seu empoderamento e a igualdade de xénero. Dende a biblioteca queremos contribuír a esta reivindicación suxeríndovos varias lecturas sobre este tema, que podedes atopar na BEUP:

El mundo necesita ingenieras: ¿quieres ser una? (Signatura: I 148)

Mujeres de ciencia: personajes a lo largo de la historia (Signatura: C 589) 

Jornadas: La mujer en la ingeniería : Ferrol, 24 de mayo de 2010 (Signatura: I 128) 

    Ver + libros sobre este tema na nosa biblioteca

A UDC tamén se une a esta celebración cun ciclo de charlas impartidas por profesoras e alumnas, que falarán da vida e os logros científicos de diversas pioneiras en diferentes campos da ciencia. + info

Curso semipresencial para el PDI:

Estrategias para incrementar la visibilidad y el impacto de los resultados de la investigación


Entre febrero y marzo se impartirá un curso semipresencial destinado al PDI y alumnado de doctorado de la UDC, que tiene como objetivo proporcionarles los conocimientos y recursos necesarios para optimizar la visibilidad de su producción científica en las diferentes bases de datos y redes sociales académicas. La parte teórica será en linea y los talleres prácticos tendrán lugar en las bibliotecas de los centros (entre los que nos incluímos).

Contenidos formativos:

Módulo 1: La identificación del autor: nombre y filiación

Módulo 2: La publicación científica

Módulo 3: La publicación y el acceso abierto. El RUC

Módulo 4: Plataformas sociales y redes científicas

Inscripciones hasta el 15 de enero en la web del CUFIE

+ info (objetivos, contenidos...). 

 

 

Cigre Science & Engineering

cse
CIGRÉ (International Council on Large Electrical Systems) conta cunha nova revista de acceso aberto: Cigre Science & Engineering publica 3 números ao ano e contén artigos científicos evisados por pares relacionados coa enxeñaría eléctrica e a electricidade.

Na biblioteca tamén podes consultar Electra, outra publicación periódica da asosciación Cigre onde poden atoparse resumos dos seus informes técnicos así como información sobre as actividades da mesma.

Os informes técnicos e outros documentos da asociación están dispoñibles a texto completo na base de datos E-Cigre, accesible desde a rede da UDC. Se necesitas máis información sobre a súa utilización, consulta coa biblioteca.

Día da Biblioteca

dia-bibliotecaHoxe, 24 de outubro, celébrase en España o Día da Biblioteca. Pareceunos unha boa data para celebrar outro aniversario, o primeiro dende que comezaron os cursos "Estratexias para incrementar a visibilidade e o impacto dos resultados da investigación" (outubro 2015), centrando máis esforzos no servizo de apoio ao persoal investigador dende ese momento.

Entre as iniciativas que levou a cabo a BEUP neste sentido, está a inclusión dunha sección con novas de apoio á investigación no noso boletín de información mensual A BEUP informa. Con motivo deste aniversario, fixemos unha recompilación, estruturada por temas, do compartido no dito apartado ata agora. Ademais engadimos unha breve descrición dos servizos específicos que pode atopar o persoal investigador na biblioteca, así como unha bibliografía das novidades sobre o tema incorporadas á nosa colección en 2016.

Ver o boletín: 1 ano de apoio á investigación

 

apoio-inv