Proxectos fin de carreira dispoñibles para a súa consulta

Xa están dispoñibles para a súa consulta na biblioteca os Proxectos Fin de Carreira presentados en xuño e setembro de 2016 na EUP (con nota igual ou superior a 7,5). Deben solicitarse no mostrador.

Son os derradeiros Proxectos Fin de Carreira das Enxeñarías Técnicas (Industrial e Naval), polo que a partir de agora os novos títulos que se incorporen serán só de Traballos Fin de Grao. 

Instrución para os autores da Universidade da Coruña (UDC) sobre a filiación institucional de publicacións científicas

O pasado 9 de setembro publicouse a nova “Instrución para os autores da Universidade da Coruña (UDC) sobre a filiación institucional de publicacións científicas" que substitúe as “Directrices e recomendacións de filiación institucional para as publicacións de investigadores da UDC” aprobadas no 2014. O principal cambio atópase na orde establecida para a secuencia dos elementos que conforman a firma de filiación: "Universidade da Coruña" deberá aparecer en primeiro lugar (escrito desta forma completa, en galego, sen siglas nin abreviaturas).

Texto completo

Exposición: As revistas españolas de tecnoloxía e enxeñaría na BEUP

Co gallo do 90ª aniversario da revista Dyna, a Biblioteca da EUP realiza esta exposición virtual onde repasa a historia das principais publicacións periódicas españolas no eido da enxeñaría, así como fai unha presentación das dispoñibles na biblioteca para a súa consulta (tanto en papel como en liña), e doutras non existentes na nosa colección pero accesibles en formato dixital.

Sumario da exposición: As revistas españolas de tecnoloxía e enxeñaría na BEUP:expo-revistas-2016

  • Cando nacen
  • Como son
  • Cales son
  • Anexos:
    • Revistas españolas pechadas (BEUP)
    • Revistas españolas de enxeñaría naval
    • Revistas fóra da BEUP
  • Bibliografía

Ler máis: Exposición: As revistas españolas de tecnoloxía e enxeñaría na BEUP

Acceso á Web of Science desde fóra da UDC

Na seguinte ligazón pódese consultar o procedemento para acceder ás bases de datos da Web of Science dende fóra da rede da UDC:

Acceso remoto á WoS (Web do Servizo de Biblioteca)

Oferta académica na EUP. Curso 2016/2017

Estes días abren os prazos de preinscrición para os estudos ofertados na Escola Universitaria Politécnica de Ferrol:

Grao en Enxeñaría Eléctrica, onde se adquiren coñecementos sobre:

  • Xeración de enerxía: deseño de parques eólicos, plantas solares térmicas, ciclos combinados a gas, centrais hidráulicas...
  • Transporte de enerxía: liñas eléctricas, subestacións, centros de transformación...
  • Instalacións: climatización, novas formas de iluminación, domótica...
  • Motores eléctricos, transformadores...
  • Deseño e proxectos no eido industrial.

Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática, onde se adquiren coñecementos sobre:

  • Sistemas electrónicos industriais...
  • Auomatización de procesos, visualización e control de plantas industriais...
  • Robótica, informática industrial...
  • Xestión electrónica da enerxía, domótica...
  • Deseño e proxectos no eido industrial.

Ambos os dous habilitan para a profesión regulada de Enxeñeiro Técnico Industrial, unha das máis demandadas polas empresas, e dan acceso directo a o Mestrado de Enxeñaría Industrial.

Ademais, o vindeiro curso comeza un novo Mestrado Universitario de Eficiencia e Aproveitamento Enerxético. A esta nova titulación, que poderá completarse nun curso académico, pode accederse directamente dende o Grao ou coa titulación de Enxeñaría Técnica. Ademais de dar acceso aos estudos de doutoramento, ofrece a posibilidade de obter unha dobre titulación co Instituto Politécnico de Bragança.

Grado en Ingeniería Eléctrica Ferrol

Grado en Ingeniería Electrónica Industrial y Automática Ferrol

Master Universitario en Eficiencia y Aprovechamiento Energético