Arduino Day 2016

arduino-day-2016Arduino, ademais dun rei de Italia do século X, é unha plataforma electrónica open source de hardware e software que na actualidade goza dunha gran popularidade pola multitude de usos e posibilidades que ofrece. Este proxecto xurdiu en 2005 no Interaction Design Institute Ivrea (precisamente en Italia), co propósito de crear unha ferramenta moderna e económica para o estudantado.  

O vindeiro sábado, 2 e abril, celébrase o Día de Arduino 2016, con eventos en todo o mundo, e na biblioteca da EUP queremos contribuír á difusión desta iniciativa con esta pequena entrada onde vos mostramos unha selección bibliográfica, xunto con varias ligazóns de interese sobre Arduino.

 

Bibliografía sobre Arduino na BEUP:

Na biblioteca da EUP atoparedes bastante bibliografía para poder desenvolver os vosos proxectos Arduino:

  • Libros na BEUP sobre Arduino

  • Proxectos fin de carreira e traballos fin de grao da Escola que empregan Arduino (e que se poden consultar na biblioteca)

  • Artigos de revistas sobre Arduino

5 Ver a bibliografía dispoñible na BEUP


+ info sobre Arduino:

  • Web oficial: información sobre Arduino, compra de produtos, descarga de software, recursos de formación, foro...

  • Arduino Day 2016: web oficial do evento, onde se recompilan as actividades programadas en todo o mundo en torno a este día.

  • Blog oficial: noticias sobre Arduino, exemplos de proxectos creados con esta plataforma...

  • Arduino: o documental, dispoñible para ver en liña, onde o propio equipo de Arduino fala de como foi a creación do proxecto en 2005, así como das vantaxes da filosofía open source, e da revolución que supón o uso de Arduino por parte de todo tipo de estudantado para a súa aprendizaxe.

 

Arduino The Documentary (2010) Spanish HD from gnd on Vimeo.

 

Campamento Tecnolóxico MINECRAFT Universidade da Coruña

minecraft-2016

Presentámosvos unha interesante actividade para os días sen colexio da Semana Santa. Do 21 ao 23 de marzo terá lugar no Campus de Esteiro o Campamento Tecnolóxico MINECRAFT Universidade da Coruña, en quedas de mañá e de tarde. Está dirixido a nenos e nenas de entre 7 e 14 anos, e os fillos/as do persoal da UDC conta cun prezo reducido de matrícula.

Minecraft é un videoxogo onde se constrúen e destrúen edificios con distintos tipos de bloques nunca contorna en 3D por medio dun personaxe, o cal tamén permite crear estruturas fantásticas e creacións artísticas. Mediante este xogo, realízanse aprendizaxes relacionados coa física, química, matemáticas, historía, tecnoloxía... 

+ info e solicitude de inscrición

Presentación do Obradoiro para Autores de Springer

Informamos ás personas asistentes ao Obradoiro sobre autoría impartido por Springer o pasado 25 de febreiro que xa se pode consultar a súa presentación en PDF:

 

presentacion-springer

Ver presentación

 

Guías temáticas actualizadas


Xa podedes consultar a nova versión actualizada das guías temáticas da biblioteca sobre enxeñaría eléctrica e enxeñaría electrónica. 

Trátase dunha recompilación de recursos en liña da biblioteca (bases de datos, libros e revistas-e...) e outros de acceso aberto na rede (patentes, traballos académicos, organismos e empresas, materiais docentes...) sobre estas materias.

Guía temática de electricidad

Recopilación de recursos de información en línea de ingeniería eléctrica y/o energética disponibles a través de la biblioteca como: bases de datos, libros-e, revistas-e, etc. y otros recursos de acceso abierto en la red.

guia-electricidad Ver la guía