2ª Semana da Ciencia na BEUP

A Semana da Ciencia e a Tecnoloxía é unha iniciativa de divulgación científica e técnica que se celebra no mes de novembro en España á que quere unirse a BEUP, posto que, ademais das principais funcións da biblioteca universitaria de axuda á ensinanza, docencia e á investigación, é importante tamén a función cultural que debe desenvolver na sociedade, atendendo á misión da propia Universidade. 

Os libros que conforman a mostra son obras de divulgación científico-técnica que tratan estas disciplinas de manera sinxela e animada. Os títulos aquí descritos poden consultarse ata finais de mes na exposición presencial da biblioteca.

 

Exposición virtual:  

 

OBRADOIRO: Recursos da biblioteca para a realización do TFG

Nova convocatoria das sesións de formación práctica sobre os recursos da biblioteca de interese para o Traballo Fin de Grao.

Destinatarios/as:

  • Alumnado de 4º curso dos Graos en Enxeñaría Eléctrica e Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
  • Alumnado da EUP matriculado no Traballo Fin de Grao

Lugar e datas: 

  • Especialidade - Electricidade: luns 26 de novembro de 9:15 a 13:30 h na aula 11
  • Especialidade - Electrónica: venres 30 de novembro de 9:15 a 13:30 h na aula 11 

Inscricións:

Enviar un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.  (indicando especialidade) ata o 23 de novembro.

Contidos:

1. Normativa da UDC, EUP e a biblioteca sobre os Traballos Fin de Grao

2. Estratexias de busca e localización da información. Prácticas

  • Busca de bibliografía: libros, artigos, traballos fin de grao...
  • Busca de lexislación e normas técnicas
  • Mellora das buscas en Google e Google Académico
  • Outros recursos

3. Dereitos de autor e plaxio

4. Como citar e crear a bibliografía

Aviso: se hai algunha persoa interesada que no pode asistir na data establecida, que se poña en contacto coa biblioteca para concretar outra sesión.

+ info na biblioteca, por correo electrónico ( Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ) ou no teléfono 881 013 082

15 de outubro: Día das escritoras

cartel-escritoras-beup
O Día das Escritoras é unha celebración de carácter anual que se convoca o luns máis próximo á data do 15 de outubro, en conmemoración do día de falecemento de Santa Teresa de Xesús e para reivindicar o papel das mulleres na literatura.

Na Biblioteca da Escola Universitaria Politécnica queremos homenaxear a todas aquelas mulleres que, ademais de levar a cabo a súa labor profesional, contribúen ao desenvolvemento e á divulgación das ciencias e da enxeñaría a través dos libros. Esta homenaxe consiste nunha pequena exposición presencial, que podedes atopar na biblioteca durante toda esta semana. + info

World Space Week: exposición bibliográfica

Do 4 ao 10 de outubro celébrase en todo o mundo a World Space Week. Con motivo deste evento, tedes na BEUP durante toda esta semana unha exposición bibliográfica sobre astronomía e o universo. Lembrade que podedes levar en préstamo calquera dos libros expostos.

Patentes: que son e como buscalas

Acabamos de subir unha nova guía a Slideshare onde explicamos de forma breve que son as patentes, onde e como podemos buscalas.

Ler máis: Patentes: que son e como buscalas