Recursos e servizos

Actualidade

Novas e información de actualidade sobre a Biblioteca, a Escola, a UDC, cursos e outras actividades, temas de enxeñaría,tecnoloxía... Podes seguir estas novas a través de Facebook e Twitter.

Tamén podes subscribirte ao noso boletín mensual A BEUP informa, para recibir todas as novas por correo electrónico.

 

Biblioteca dixital

Consulta de bases de datos, libros e revistas electrónicas, e outros recursos en liña de interese.

 

Bibliografía recomendada

Acceso á bibliografía recomendada polo profesorado das distintas materias.

 

Buscas bibliográficas

Se necesitas localizar información sobre un tema en concreto para realizar un traballo de clase, comezar unha investigación, etc. podes solicitar unha busca bibliográfica.

 

Catálogo

Acceso ao catálogo da biblioteca.

 

Consulta en sala

A sala de lectura conta con 195 postos de lectura, nos que poden consultarse os fondos da biblioteca. Ademais, na hemeroteca atoparás 3 mesas reservadas para a consulta de revistas.

 

Escáner

A biblioteca conta cun escáner que poden empregar os usuarios que o soliciten.

 

Formación de usuarios

A BEUP organiza sesións de formación tanto de nivel básico como avanzado sobre os recursos e servizos da biblioteca.

 

Guías e titoriais

Nesta sección presentamos unha serie de guías e titoriais para coñocer o uso de distintos recursos e servizos da biblioteca.

 

Información e referencia

A biblioteca proporciona información e asistencia sobre:

    • Horarios, servizos e normas da biblioteca
    • Organización e localización de fondos documentais
    • Funcionamiento e manexo do catálogo, bases de datos e outros recursos electrónicos
    • Servicio de realización de buscas bibliográficas
    • Asesoramento aos usuarios sobre calquera outro tema que necesiten relacionado coa universidade, a busca de información....

Podes solicitar información no mostrador ou a través do email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

Novidades bibliográficas

Información bibliográfica mensual sobre os documentos incorporados á colección.

 

Preguntas frecuentes

Recompilación das respostas ás preguntas máis frecuentes dos usuarios do Servizo de Biblioteca.

 

Préstamo

Préstamo de documentos.

 

Préstamo de netbooks na biblioteca

A BEUP ofrece en préstamo ordenadores portátiles para o seu uso dentro da biblioteca para fins académicos ou de investigación. Deben solicitarse no mostrador coa Tarxeta de Identificación Universitaria.

 

Proxectos fin de carreiraTraballos Fin de Grao e Traballos Fin de Mestrado

A consulta de traballos académicos presentados na EUP debe realizarse dentro da biblioteca e está limitado a aqueles que obtiveron unha nota superior ou igual a 7,5 (PFC) e 8 (TFG e TFM) . Deben solicitarse no mostrador.

 

Sala polivalente

Sala destinada á elaboración de traballos en grupo (alumnado), actividades de docencia (profesorado), e formación da biblioteca. Para utilizala cómpre reservala.

 

Solicitude de adquisicións

Se necesitas algún documento que non temos na biblioteca podes solicitar a súa adquisición no mostrador.

 

Suxestións

A túa opinión é moi importante para adecuar os servizos da biblioteca ás túas necesidades. Fainos chegar as túas suxestións porque serán tidas en conta.

 

cc-by-blanco