Situación e instalacións

A Escola Universitaria Politécnica da UDC está situada no Campus de Serantes (Ferrol). Atoparás a biblioteca no 1º andar da EscolaNa entrada da Biblioteca sitúase o mostrador de préstamo, onde podes solicitar a información e o asesoramento que necesites.

A sala de lectura conta con 192 postos para lectura, estudo e traballo.

A maior parte dos fondos da biblioteca están en libre acceso, diferenciado en 4 seccións principais:

    • Monografías. [Ver a guía de signaturas]

    • Sección de Referencia (normas, enciclopedias, dicionarios... que só se poden consultar na biblioteca).

    • Hemeroteca: onde se atopan as publicacións periódicas posteriores a 1980.
      Nesta sección hai 3 postos de lectura, reservados exclusivamente para a consulta de revisitas.

    • Documentos en depósito (deben solicitarse ao persoal da biblioteca)
      • Revistas de subscrición pechada e anteriores a 1980
      • Materiais especiais (CDs, DVDs, proxectos fin de carreira, folletos...)
      • Libros de pouco uso (con signatura DP)

 

Equipamento informático para @s usuari@s

    • 3 ordenadores para acceder ao catálogo (OPAC), aos recursos electrónicos e para a busca de información
    • 1 ordenador para a consulta de proxectos fin de carreira e bases de datos
    • 1 equipo dotado con escáner e editor de imaxes
    • 5 netbooks para utilizar dentro da biblioteca e na sala polivalente. 

 

Expositores

    • Prensa. Tes á túa disposición 3 diarios (1 de tirada nacional, 2 de tirada autonómica)

    • Novidades. Ao fondo da biblioteca expoñemos os documentos que se adquiriron no último mes. Poden levarse en préstamo.

Sala polivalente

Ubicada fóra da biblioteca (no mesmo andar, ao fondo do corredor), esta sala está destinada á realización de traballos en grupo (alumnado da EUP), actividades de docencia (profesorado da EUP) e para impartir cursos da biblioteca. Para utilizala cómpre reservala no mostrador da biblioteca ou na web. + info

 

Galería de imaxes