Traballos fin de Grao no RUC

O RUC (Repositorio Institucional da UDC)

dspace-blue

bullet blueO RUC é un "sistema que proporciona de forma estable e segura a difusión e preservación de documentos dixitais produto da actividade científica e institucional da UDC.
 O seu obxectivo é difundir e preservar os materiais produto da actividade docente e investigadora da Universidade, así como os seus fondos documentais.

bullet blueOs documentos presentes no RUC son creados polos membros da Comunidade Universitaria, aínda que pode haber coautores que non pertenzan á institución. Pode tratase tanto de traballos non publicados como enviados a publicar ou xa publicados, e acéptanse documentos en calquera idioma.

bullet blueOs autores dos documentos reteñen os seus dereitos de autor, concedendo á UDC unicamente unha licenza non exclusiva de distribución, polo que poden facer uso dos seus documentos como consideren. Así mesmo, poden utilizar licenzas Creative Commons.

bullet blueTodos os membros da comunidade universitaria poden depositar os seus documentos en RUC, sempre que se trate de traballos orixinais do autor, e produto da investigación ou docencia. A biblioteca prestará asesoramento a quen desexe depositar algún traballo no Repositorio.

world go Consultar os TFG no RUC:

Normativa de publicación de TFG da EUP no RUC: 

bullet blueDirectrices para a elaboración dos regulamentos relativos ao traballo fin de grao nos graos da UDC. Estas directrices son de carácter xeral e os regulamentos relativos ao TFG de cada centro teñen a obriga de axustarse a elas. Puntos importantes en relación co RUC: 

    • [...] "O TFG non ten a natureza dun traballo investigador. Con todo, incluirase que a titularidade dos dereitos de propiedade intelectual, se for o caso, corresponderán a quen o realizar [...]
    • En relación coa consulta e a publicación dos TFG: "Incluirase o procedemento de selección e envío ao Servizo de Biblioteca dos TFG que serán publicados no Repositorio" [...]. 

bullet blue Punto 9 do Regulamento de TFG da EUP (seguindo o Modelo de regulamento dos TFG nos títulos de grao da Universidade da Coruña).

"Consulta e publicación dos TFG:

    • Unha vez realizada a defensa e avaliación do TFG, a Comisión seleccionará os traballos que serán publicados no RUC. Para isto, a Administración do centro enviará unha copia en formato electrónico ao Servizo de Biblioteca.
    • No caso de que o autor do TFG non autorice o depósito e a publicación deste no RUC, por razóns de confidencialidade entre outras, deberá solicitalo previamente ante a Comisión de Proxectos, que resolverá en cada caso".

bullet blue A Comisión de TFG da E. U. Politécnica decidiu que se depositarán no RUC aqueles traballos de notas máis altas (Sobresaínte ou Matrícula de Honra) nos que o Tribunal que o xulga decida o seu depósito no Repositorio.