Servizo de apoio á elaboración do TFG

Antes de empezar... 

apoio-tfg

Documentación a ter en conta: normativa de TFG da EUP, de especial importancia, en canto á elaboración do traballo:

    • Regulamento do TFG

    • Guía de elaboración do TFG

Pasos a seguir

1. Buscar información

Unha vez decidido o traballo a realizar e o titor que o dirixirá, cómpre consultar numerosas fontes para conseguir a información necesaria que sustente o traballo. Dende a páxina web da biblioteca podes localizar todo tipo de información, tanto referencias a títulos en papel como acceso a documentos electrónicos (libros, revistas, normas, patentes...).

 

2. Avaliar a información

A cantidade de información que podemos recadar na actualidade fai necesaria unha análise previa da propia documentación para escoller unicamente a de calidade. Debemos ter en conta:

    • A autoría: se quen escribe é unha persoa experta na materia, se citan o documento noutros traballos, a que institución pertencen os autores...
    • A fonte de información: debemos cuestionarnos se ofrece garantías (tipo de editor, se está revistada por comités de expertos...)
    • A información en si mesma, que debe ser precisa, completa e estar actualizada.

 

3. Redactar o traballoseguindo a normativa establecida pola Escola, respectando a propiedade intelecual allea e evitando o plaxio, 

    • A propiedad intelectual abrangue tanto os dereitos de autor como creador intelectual, coma os dereitos relativos á propiedade industrial.
    • Plaxiar consiste en copiar no substancial obras alleas atribuíndoas como propias (definición da RAE). Consiste en utilizar traballos, planos, debuxos... doutra persoa coma se fosen propios. Hoxe en día é relativamente sinxelo detectar un plaxio, xa que existen numerosas aplicacións en liña para este fin. 

Aprende a...

72 Crear a bibliografía do TFG

A bibliografía é un dos puntos da Memoria do traballo. Neste apartado deben figurar o conxunto de libros, revistas e outros textos que o autor considere de interese para xustificar as solucións adoptadas no TFG. É importante citar correctamente os documentos utilizados.

bullet orange Aprende como crear a bibliografía correctamente nesta guía breve

bullet orange Recurso complementario:

Xestores de referencias bibliográficas: Refworks e outros.

 

72 Utilizar recursos de interese para a elaboración do TFG

bullet orange Acceso a:

Catálogo da biblioteca (para buscar libros, revistas...)

Bases de datos de enxeñaría (para localizar artigos de revista, normas, e outros recursos electrónicos) 

Revistas electrónicas 

 

72 Consultar TFG xa presentados

Sempre é de utilidade consultar outros traballos xa presentados para resolver dúbidas, ter novas ideas..

bullet orangeLocaliza TFG xa presentados na EUP.

bullet orangeTamén podes ver os Proxectos Fin de Carreira dos planos antigos.

 

Solicita...

bullet orangeAdquisición de documentos

Se necesitas consultar algún título que non está na colección da biblioteca, solicita a súa compra.

bullet orangeAsesoramento e información

Consulta co persoal da biblioteca calquera dúbida sobre o TFG: como busco unha norma UNE?, como consulto un TFG xa presentado?, como accedo á biblioteca dixital dende casa? ... Resolvemos as túas dúbidas no mostrador, ou por Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. .

bullet orangeBusca bibliográfica

A biblioteca ofrece un servizo de busca de información personalizada e adaptada ás necesidades de cada usuario. Máis info

 

Formación específica:

Obradoiro: Recursos da biblioteca de apoio ao TFG. Ofrécese en dúas convocatorias ao ano (1º e 2 cuadrimestre). Posibilidade de solicitar a súa realización noutras datas. Consulta co persoal da biblioteca.